O barrio histórico de Vigo volveu a pasada semana ao século XIX coa Festa da Reconquista, a celebración máis emblemática de Vigo, converténdose nun inmenso mercado do século XIX ao aire libre, no que en calquera esquina te encontras loitando aos franceses contra os vigueses.
Este ano Alfoz estivo presente nesta festa repartindo información turística do concello na zona histórica de Vigo e coa presenza do noso zoqueiro Alberto Geada.