DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016
10/Maio/2016
O vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas terá lugar unha homenaxe a Manuel María no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz.
Comezará as 18:00 horas con lecturas de poemas do autor homenaxeado. Posteriormente actuarán as Cantareiras de Amado Lar e o Coro Parroquial Virxe das Dores de Ferreira con acompañamento musical de diferentes músicos do Val.