Situado ao lado da igrexa de Oiras. Foi cambiado no ano 1962 dende o cemeterio. Trátase dun cruceiro situado sobre unha plataforma moi irregular á esquerda da igrexa. Ten unha base en varios tramos con nacelas. O varal é cadrado nos extremos coa aristas rebaixadas. O capitel semellante á base e sobre esta unha cruz florenzada.