Atópase situado no “barrio” do mesmo nome. Trátase dun cruceiro construido no século XVIII. Está colocado sobre unha doble plataforma composta por un primeiro corpo cúbico e un segundo de forma troncopiramidal. Sobre esta plataforma desenvólvese o cruceiro semellando unha columna. A basa configúrase como un “peto de ánimas” que recolle na pequena capela unha imaxe da Virxe María. O fuste é cadrado aínda que presenta as aristas rebaixadas e durante o seu percorrido aparecen representados diversos instrumentos da Paixón. Posee un voluminoso capitel de dous corpos, o superior presenta catro volutas nos vértices e imaxes de anxos en cada unha das catro caras. A cruz é tipicamente barroca e representa por un lado a un Cristo de tres cravos colocado sobre un símbolo da morte e polo outro a María.