Concello de Alfoz
AVISO
15/Maio/2024

AVISO

O 22 de maio as instalacións municipais do concello de Alfoz pechan as súas portas para celebrar a patroa do empregado público: Santa Rita.
ITV MOTOS E CICLOMOTORES
15/Maio/2024

ITV MOTOS E CICLOMOTORES

O vindeiro 27 de maio desprazarase ao noso concello a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores.
A FASE INTERMEDIA DA COPA DEPUTACIÓN CELEBRARASE NOS CONCELLOS DE ALFOZ E VALADOURO
14/Maio/2024

A FASE INTERMEDIA DA COPA DEPUTACIÓN CELEBRARASE NOS CONCELLOS DE ALFOZ E VALADOURO

O próximo domingo 19 de maio, celebrarase por primeira vez nos Concellos de Alfoz e O Valadouro a Fase Intermedia da Copa Deputación de fútbol 8 das categorías benxamín e prebenxamín. Os partidos disputaranse no Campo Municipal de Alfoz e no Campo Municipal de O Árbol (O Valadouro) onde se poderá desfrutar dunha competición que se iniciará as 10 da mañá e rematará ás 21 horas. Disputaranse un total de 28 partidos entre os 18 equipos en competición, que tratarán de alcanzar unha das catro prazas que dan acceso á fase final. O evento organízano os Concellos de Alfoz e Valadouro, a AD Río Ouro coa colaboración do CD Alfoz.
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación
10/Maio/2024

Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación

O 24 de maio ás 10:30 horas no Centro Sociocultural de Alfoz levarase a cabo un obradoiro sobre educación emocional e técnicas de relaxación.
ACELERA PEME
09/Maio/2024

ACELERA PEME

O próximo 16 de maio contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme fronte ao Concello ás 10:30 h. Se eres autónomo ou propietario dunha Peme e precisas impulsar a dixitalización do teu negocio, alí poderás contar con asesoramento.
Páxina 1 / 141

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO