14/Maio/2024
A FASE INTERMEDIA DA COPA DEPUTACIÓN CELEBRARASE NOS CONCELLOS DE ALFOZ E VALADOURO
O próximo domingo 19 de maio, celebrarase por primeira vez nos Concellos de Alfoz e O Valadouro a Fase Intermedia da Copa Deputación de fútbol 8 das categorías benxamín e prebenxamín. Os partidos disputaranse no Campo Municipal de Alfoz e no Campo Municipal de O Árbol (O Valadouro) onde se poderá desfrutar dunha competición que se iniciará as 10 da mañá e rematará ás 21 horas. Disputaranse un total de 28 partidos entre os 18 equipos en competición, que tratarán de alcanzar unha das catro prazas que dan acceso á fase final. O evento organízano os Concellos de Alfoz e Valadouro, a AD Río Ouro coa colaboración do CD Alfoz.