Non está permitida a retirada de tocóns vellos, pois poderíase facilitar a erosión ou provocar un arrastre de terras ó cauce fluvial.
Cortas e plantacións de árbores : Con carácter xeral, os aproveitamentos forestais en zona de servidume están vetados. En tanto a corta puntual de árbores precisa dunha autorización previa do organismo ou Augas de Galicia ou da Confederación Hidrográfica correspondente.
As plantacións de árbores precisarán tamén de autorización previa. Permítense de xeito puntual, sempre que non deterioren o ecosistema fluvial.
Laboreo e sega de terras agrarias: os propietarios das zonas de servidume poderán libremente sementar e plantar especies non arbóreas, sempre que non deterioren o ecosistema fluvial ou impidan a servidume de paso.A única indicación ao respecto corresponde a unha recomendación do Código de Boas Prácticas Agrarias de Galicia, que aconsella manter as marxes das ribeiras con herba.
Aplicación de xurros, abonos ou fitosanitarios: non está permitida a aplicación de xurros, abonos nin fitosanitarios na zona de servidume dos cauces fluviais (5 metros desde a ribeira)O organismo sinala que a aplicación de xurros e nutrientes debe facerse respetando á normativa vixente relativa á protección das augas contra a contaminación de nitratos agrarios (Real decreto 261/1996). Recomenda asimesmo seguir as pautas do Código galego de boas prácticas agrarias. O cumprimento do Código é voluntario, pero Augas de Galicia precisa que dada a súa posible incidencia na Lei de Augas (Lei 29/85) e no Regulamento do dominio público hidráulico, é aconsellable a súa posta en práctica.
En relación á aplicación de xurros e abonos, o Código galego recomenda deixar unha franxa de entre 2 e 10 metros sen fertilizar xunto a tódolos cursos de auga. De cara a reducir o risco de contaminar augas subterráneos, os xurros deberán gardar con pozos, fontes ou perforacións que suministren auga unha distancia mínima de 35 – 50 metros.
Neste artigo do xornal dixital agrario Campo Galego podes ampliar a información.