ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DOS BONOS IMPULSO DA DEPUTACIÓN DE LUGO
02/Xuño/2021
Aberto o prazo para que a veciñanza da provincia solicite os Bonos Impulso da Deputación de Lugo.
A institución provincial repartirá 17.000 bonos descontos nominativos de 30€, para compras dun mínimo de 60€, que poderán solicitarse ata o día 21 de xuño e gastarse en calquera comercio, negocio de hostalería e servizos dende a súa recepción e ata o 31 de agosto deste ano.
Na páxina web da Deputación de Lugo habilitarase un espazo no que, durante 15 días hábiles, todos os maiores de 18 anos empadroados na provincia poderán pedir o seu desconto para gastar nos establecementos adheridos do seu concello.
(Pincha no enlace:
http://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/bonoimpulso)
A solicitude tamén poderá realizarse a través da sede electrónica ou mediante o procedemento habitual, presentando a documentación nas oficinas do Rexistro.