Varal cadrado nos extremos e aristas rebaixadas, datado en 1866. O capitel é semellante aos cruceiros dos Carboneiras con anxos nos catro lados. A cruz é florenzada e coa imaxe de Cristo apoiada sobre unha cara e sobre a outra a Virxe en actitude orante. Na cruz hai restos de policromía.