Concello de Alfoz
CRUCEIROS, CRUCES E CRISTOS DO CONCELLO DE ALFOZ

CRUCEIROS, CRUCES E CRISTOS DO CONCELLO DE ALFOZ

No concello de Alfoz, existe una gran cantidade de cruceiros, cristos e cruces que amosan moitos dicires entre os veciños e veciñas das parroquias. A xente fala destas obras populares reflectindo, en xeral, o sentir dunha maneira de entender a relixiosidade de antaño. Ao carón dos "Cristos" (como el@s @s coñecen) achamos lendas, historias ou dicires dos devanceiros, lugares de enterramento, promesas, etc.
Deste xeito, coñeceremos as obras artísticas-populares que agocha cada parroquia do noso concello.

Xa podes consultar on line o libro Cruceiros, Cruces e Cristos do Concello de Alfoz:
Algúns dos documentos será necesario que sexan descargados previamente para poder ser visualizados.

Sobre o autor:
Mario Saavedra Pérez, profesor da lingua inglesa, francés, galego e castelán entre outras especialidades en varios centros de Madrid, Barcelona, Pontevedra e A Pastoriza. Autor de contos, teatro, coordinador de revistas dende 1999 e integrante do "Proxecto Carboeira" que ten por obxecto a Localización, Inventario e Catalogación dos Cruceiros, Cristos e Cruces da Terra Cha.
Dende o ano 1984 está traballando na Catalogación dos Xogos Tradicionais, colaborando en Enciclopedias, dentro da Asociación de Xogos Populares O Cadaval. Organiza con outros equipos a Liga de Bolos Provincial con diversificación temática.
Ademais colabora en varios medios de comunicación con artigos sobre xogos, cruceiros, lembranzas...
Durante anos estivo catalogando os Cruceiros, Cristos e Cruces de Riotorto, Pol, Valadouro, Ourol, Foz, Burela... e presente nos oito congresos de Cruceiros.


"Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo" R. Castelao
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO