Concello de Alfoz
Historia Concello de Alfoz
Dise que o nome de Alfoz puidera proceder do árabe Al-hawuz, que en galego medieval indicaba o territorio sobre o que tiña xurisdicción unha vila ou ciudade.

Consérvanse importantes monumentos Megalíticos, como A Pena Abaladoira e restos da cultura Castrexa, diseminados por diversas parroquias, como en Bacoi ou no propio Castro de Ouro, considerado como o núcleo primitivo do Concello.

En 1220, o Rey Alfonso IX concédelle o título de vila. Pero sen dúbida, o episodio máis significativo que conoceu este territorio, e parte da historia de Galicia, foi a revolta e posterior axustizamento do Mariscal Pardo De Cela, acontecidos a finais do século XV, no contexto da turbulenta situación creada polas loitas entre os aspirantes o trono de Castela (e as anteriores revoltas irmandiñas). 
Así, Pardo de Cela, despois de soportar o asedio de Fernando de Acuña durante tres anos no Castelo da Frouxeira, é apresado no Castro de Ouro o 7 de decembro de 1483 e decapitado en Mondoñedo dez días despois.
O recordo, nimbado sempre pola lenda, pervive aínda oxe na memoria dos galegos e, moi especialmente, entre as xentes das terras de Alfoz.

Alfoz viveu séculos de notable prosperidade. O século XVIII foi unha centuria de notable prosperidade económica con destacada industria téxtil (no ano 1787 había noventa e nove teares), agrícola e un importante sector vitivinícola, alcanzando tamén no 1787 as "977 arrobas que se venderon a seis reais cada unha". Fronte a isto, o século XIX caracterízase pola gran cantidade de persoas que abandonan Alfoz e diríxense hacia América, en busca de mellores perspectivas económicas, o que se reflexa na cantidade de escolas habaneiras que os emigrantes financiaron unha vez retornados, na primeira metade do século XX.

A enorme personalidade de Pardo de Cela fai que ás veces se olviden os nomes doutros ilustres fillos desta comarca. En Alfoz naceu don Félix Santomé e Aguiar, famoso canónigo da catedral de Mondoñedo e don Pedro de Rigueiro Freire e Andrade, arcediano de Viveiro, que viveu a finais do século XVII e que se distinguiu por numerosas obras benéficas.

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO