Concello de Alfoz
Alcaldía Concello de Alfoz

Benvidas e benvidos á páxina web do Concello de Alfoz. Este é un espazo en constante renovación e actualización para poder ofrecerlle un mellor servizo e mellor información, ademais de facilitarlle a realización de distintos trámites.

Dende o concello apostamos pola transparencia e polo trato próximo coa veciñanza e visitantes, polo que, senón atopa o que precisa ou ten calquera dúbida, contacte connosco, estaremos encantados de axudarlle.
 
Alfoz é un concello da Mariña Central cun emprazamento privilexiado e un entorno a visitar envexable, pois estamos preto do mar e ao mesmo tempo da montaña, o val ofrécenos amabilidade nas xentes, produtos variados da nosa xenerosa terra e un patrimonio histórico artístico numeroso e importante.

Se vostede non é de Alfoz, agradecémoslle a súa visita virtual, pero gustaríanos que viñeran ao noso concello, pois non é o mesmo mirar desde unha ventá ca vivir a experiencia e desfrutala cos cinco sentidos, e se vostede é de Alfoz, pero se atopa lonxe, agardamos que con esta páxina e xunto coas redes sociais do concello de Alfoz, se sinta máis preto e estea ao día do que acontece na nosa terra.

Desexamos que esta web e o resto de medios que usamos para compartir información e o noso traballo sexa do seu agrado. O noso empeño é facilitar a vida e facer realidade os proxectos e expectativas.
 
Gustaríanos recibir as súas suxestións e ideas que nos poidan axudar a mellorar Alfoz, pois é o que nos move, traballar por e para Alfoz.

                                                                                               Efigenia Maseda Paz.
 
Escudo concello de Alfoz
Tlf.: 982558001 
Email: alcaldesa@concellodealfoz.com

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO