Dise que o nome de Alfoz puidera proceder do árabe Al-hawuz, que en galego medieval indicaba o territorio sobre o que tiña xurisdicción unha vila ou cidade.
Consérvanse importantes monumentos megalíticos, como a Pena Abaladoira e restos da cultura castrexa, diseminados por diversas parroquias, como en Bacoi ou no propio Castro de Ouro, considerado o núcleo primitivo do Concello.
En 1220, o Rey Alfonso IX concédelle o título de vila. Pero sen dúbida, o episodio máis significativo que conoceu este territorio, e parte da historia de Galicia, foi a revolta e posterior axustizamento do Mariscal Pardo De Cela, acontecidos a finais do século XV, no contexto da turbulenta situación creada polas loitas entre os aspirantes ao trono de Castela (e as anteriores revoltas irmandiñas).
Así, Pardo de Cela, despois de soportar o asedio de Fernando de Acuña durante tres anos no Castelo da Frouseira, é apresado no Castro de Ouro o 7 de decembro de 1483 e decapitado en Mondoñedo dez días despois.
O recordo, nimbado sempre pola lenda, pervive aínda hoxe na memoria dos galegos e, moi especialmente, entre as xentes das terras de Alfoz.
Alfoz viveu séculos de notable prosperidade. O século XVIII foi unha centuria de notable prosperidade económica con destacada industria téxtil (no ano 1787 había noventa e nove teares), agrícola e un importante sector vitivinícola, alcanzando tamén no 1787 as "977 arrobas que se venderon a seis reais cada unha". Fronte a isto, o século XIX caracterízase pola gran cantidade de persoas que abandonan Alfoz e diríxense hacia América, en busca de mellores perspectivas económicas, o que se reflexa na cantidade de escolas habaneiras que os emigrantes financiaron unha vez retornados, na primeira metade do século XX.
A enorme personalidade de Pardo de Cela fai que ás veces se olviden os nomes doutros ilustres fillos desta comarca. En Alfoz naceu don Félix Santomé e Aguiar, famoso canónigo da catedral de Mondoñedo e don Pedro de Rigueiro Freire e Andrade, arcediano de Viveiro, que viveu a finais do século XVII e que se distinguiu por numerosas obras benéficas.