O Concello de Alfoz pertence á Provincia de Lugo, estando situado na Comarca de A Mariña Central. Limita ao norte cos concellos de Foz e O Valadouro; ao sur co concello de Abadín; ao leste co concello de Mondoñedo; e ao oeste Abadín e O Valadouro.
Cómo chegar...
Desde Lugo pola A-6 en dirección A Coruña e despois tomar a saída 552AB en dirección Oviedo por E70/A8 ata chegar á altura de Abadín onde nos desviaremos pola saída 552 en dirección N-634 Abadín-Mondoñedo, seguindo pola estrada nacional N-634 con dirección Mondoñedo. Unha vez chegamos á altura de Mondoñedo tomamos a saída Mondeñedo-Alfoz-Ferreira, continuando pola estrada LU-160 en dirección Alfoz.